A principal competición internacional de fútbol e a
Copa do Mundo organizada pola
FIFA. Esta competición ten lugar cada catro anos. máis de 190 equipos nacionais compiten en torneos de calificación, dentro do ámbito das confederacións continentais, por un posto nas finais. Nos torneos finais, que se celebran cada 4 anos, participan actualmente 32 equipos nacionais que compiten durante 4 semanas. A Copa do Mundo 2006 foi en Alemania, no 2010 en Sudáfrica e en 2014 foi en Brasil.
Despois da Copa do Mundo, os torneos de fútbol máis importantes son os
campeonatos continentais, que son organizados por cada confederación continental e onde participan os equipos nacionais. Estes son o Campeonato de Europa
(UEFA), a Copa América
(CONMEBOL), a Copa Africana de Nacións
(CAF), a Copa Asiática
(AFC), a Copa de Oro CONCACAF
(CONCACAF) e a Copa de Naciones OFC (OFC). Duas das competicións máis prestixiosas no fútbol de clubes son os respectivos campeonatos continentais, onde participan os mellores equipos nacionais, por exemplo a
Liga de Campeóns da UEFA en Europa e a
Copa Libertadores de América en Sudamérica. O torneo máis prestixioso ata 2005 era a Copa Intercontinental, que xogaba o club gañador da
Liga de Campeóns Europea e o gañador da Copa Libertadores. Este partido só se xogaba en Tokio (Xapón) e celebrouse dende 1980 a 2004. Tamén era coñecido como
Copa Toyota. Debido o crecente interese da xente de África, Norteamérica e Asia, este torneo foi substituido en 2005 polo Campeonato do Mundo de Clubes da FIFA, no cal non hai un só partido senon un torneo entre os gañadores dos 6 campeonatos de clubes de cada confederación FIFA.
e agora se falamos sobre as nacionais??
ResponderEliminarQuedou un pouco corta de imaxes, non? Tedes que ter en conta que os videos son imaxes en movemento, como non poñedes algún para mostrar xogadas, goles...?
ResponderEliminarNa seguinte entrada conviña falar dalgunha liga importante (falando algo do país onde se fai: un mapiña...)...