lunes, 14 de marzo de 2016

A liga de campións

                                           
Liga de Campións da UEFA (en inglés:UEFA Champions League) é o torneo europeo de fútbol máis importante a nivel de clubs organizado pola UEFA. Foi creada en 1992como unha renovación da tradicional Copa de Campións de Europa, polo que a efectos estatísticos considéranse coma a mesma competición. É un dos trofeos de clubs deportivos máis prestixiosos do mundo.

Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países. Na década de 1990 o torneo comezou a ser ampliado, incorporando unha fase de grupos con máis equipos. As ligas máis fortes de Europa aportan hoxe até un máximo de catro equipos cada unha. A Liga de Campións non debe confundirse coa Europa League da UEFA, antes coñecida como Copa da UEFA. O formato actual do torneo consta de varias etapas e comeza a mediados de xullo con tres roldas eliminatorias de clasificación e unha rolda de play-off; así, os dez equipos sobreviventes únense aos 22 cabezas de serie na fase de grupos, na que hai oito grupos formados por catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e os oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina co partido final en maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario