martes, 14 de junio de 2016

Eurocopa 2016


                                             EUROCOPA 2016

O luns 13 de xuño comezaba co partido de España-República Checa o Campeonato de fútbol, máis coñecido como Eurocopa .
A Eurocopa é un torneo internacional de seleccións nacionais de fútbol máis importante de Europa, organizado pola UEFA cada catro anos .


Escudo da selección española- La Roja
As seleccións con máis triunfos nesta competición son a alemana e a española, con tres títulos cada una. As dúas últimas Eurocopas foron para España , no 2012 contra Italia , e no 2008 contra Alemania.




Son 6 grupos , con 4  equipos en cada grupo. España está no grupo D, xunto con República Checa, Turquía e Croacia .


Xogarán 51 partidos en 10 estadios de Francia, pero no que máis partidos se desputarán será no Stade de France Saint- Denis .

Stade de France Saint- Denis

O futbolista portugués Cristiano Ronaldo é o máximo anotador histórico da competición con 26 goles dende que debutase en 2004 en Portugal ata a clasificación para a Eurocopa 2016 .

Vicente del Bosque é o seleccionador e adestrador da selección española- La Roja , e este ano 2016 convocou a Lucas Vázquez, veciño noso, de Curtis , xogador do Real Madrid para xogar a Eurocopa , ademais dos mellores xogadores españoles de cada equipo .

Cousas sobre o partido: España vs República Checa

Alegría dos xogadores despois do partido
O partido desputouse as tres da tarde do luns 13 de xuño no estadio de Toulousse. España debutou na Eurocopa co gol de Piqué, e conseguindo gañar o primeiro dos partidos por 1-0 . España desmostrou fronte os da República Checa que o estilo de xogo de España é moi bo . 

Comezamos ben , esperemos que continue así .

Deixamos vídeo do Himno oficial da Roja, para animar a nosa ESPAÑA!!!



A gañaaaar!!!





lunes, 6 de junio de 2016

Un torneo moi importante

Escudo do Roland Garros
Roland Garros

Cousas sobre o torneo

O Roland Garros ou Abierto de Francia é un torneo de tenis que se celebra cada ano durante dúas semanas entre finais de maio e principios de xuño en París ( Francia ).
Denominouse  así en honor ó aviador francés Roland Garros.
É o principal torneo celebrado sobre terra batida no mundo e o segundo en orde cronolóxica dos Grand Slams , despois do Aberto de Australia .

Estadio Roland Garros, é a principal sede do torneo dende o ano 1928.
Xógase en  terra batida con partidos de 1 vs 1 ou de partidos de 2 vs 2.
Stade Roland Garros



Este ano o tenista español Rafa Nadal ( 9 copas de Roland Garros ) tivo que retirarse por culpa dunha lesión na muñeca .





Cousas sobre os gañadores:


Garbiñe celebrando o seu primeiro triunfo
Garbiñe Muguruza Blanco , tenista hispano- venezolana proclamouse campeona do Roland Garros o día 04 de xuño de 2016, sendo o primeiro Grand Slam da súa carreira con só 22 anos e despois de vencer a Serena Willians , número un do mundo .
                         
       
                                     

Djokovic co seu primeiro trofeo do Roland Garros

Novak Djokovic é un tenista profesional serbio , ten 29 anos e un montón de victorias de Grand Slam , e a pesar de chegar moitas veces á final , foi neste ano 2016 cando conseguiu o trofeo de Roland Garros masculino individual .



Finais dos torneos:

A final do torneo masculino foi Murray vs Djokovic que quedaron 6-3, 1-6, 2- 6 e 4-6.
A final feminina foi Garbiñe vs Serena Williams e quedaron 7-5 e 6-4.


Video resume do Roland Garros 2016:
 
 
 
 
 
Opinión persoal.

A nós parécenos moi ben que Garbiñe representando a España, levara o seu primeiro triunfo e tamén sentimos que a lesión de Rafa Nadal non lle deixara continuar , pero hai que pensar que Nadal estará nos xogos olímpicos de Río e desexámoslle que se recupere!!!