lunes, 6 de junio de 2016

Un torneo moi importante

Escudo do Roland Garros
Roland Garros

Cousas sobre o torneo

O Roland Garros ou Abierto de Francia é un torneo de tenis que se celebra cada ano durante dúas semanas entre finais de maio e principios de xuño en París ( Francia ).
Denominouse  así en honor ó aviador francés Roland Garros.
É o principal torneo celebrado sobre terra batida no mundo e o segundo en orde cronolóxica dos Grand Slams , despois do Aberto de Australia .

Estadio Roland Garros, é a principal sede do torneo dende o ano 1928.
Xógase en  terra batida con partidos de 1 vs 1 ou de partidos de 2 vs 2.
Stade Roland Garros



Este ano o tenista español Rafa Nadal ( 9 copas de Roland Garros ) tivo que retirarse por culpa dunha lesión na muñeca .





Cousas sobre os gañadores:


Garbiñe celebrando o seu primeiro triunfo
Garbiñe Muguruza Blanco , tenista hispano- venezolana proclamouse campeona do Roland Garros o día 04 de xuño de 2016, sendo o primeiro Grand Slam da súa carreira con só 22 anos e despois de vencer a Serena Willians , número un do mundo .
                         
       
                                     

Djokovic co seu primeiro trofeo do Roland Garros

Novak Djokovic é un tenista profesional serbio , ten 29 anos e un montón de victorias de Grand Slam , e a pesar de chegar moitas veces á final , foi neste ano 2016 cando conseguiu o trofeo de Roland Garros masculino individual .



Finais dos torneos:

A final do torneo masculino foi Murray vs Djokovic que quedaron 6-3, 1-6, 2- 6 e 4-6.
A final feminina foi Garbiñe vs Serena Williams e quedaron 7-5 e 6-4.


Video resume do Roland Garros 2016:
 
 
 
 
 
Opinión persoal.

A nós parécenos moi ben que Garbiñe representando a España, levara o seu primeiro triunfo e tamén sentimos que a lesión de Rafa Nadal non lle deixara continuar , pero hai que pensar que Nadal estará nos xogos olímpicos de Río e desexámoslle que se recupere!!!


1 comentario:

  1. Parece que lle ides collendo o ritmo a isto de ser blogueiros... para esta semana collede a noticia que vos queirades e falade dela (tamén podedes falar de algo que non sexa noticia!)...
    Só tedes un falliño: non enlazastedes a Novak...

    ResponderEliminar